Menu

Templo de Hécate

OI TdH

A Chama de Hécate

Dedicámonos á Deusa Hécate, cada mes, acendendo a súa Chama no solpor de cada lúa negra e mantendo o lume aceso ata que o sol se poña ao día seguinte.

 

Precisarás:

Incenso.

Un pouco de aceite de Hécate ou de oliva.

Unha vela vermella, negra ou branca.

 

Opcionais:

Unha cunca con auga.

Papel e lapis.

Ofrendas.

 

Prepara un espazo seguro para a túa vela, ten en conta que a deixarás acesa durante moito tempo e isto pode ser perigoso se non tes coidado. Unxea co aceite; Lembra que a forma correcta de unxir a vela é da metade para arriba e da metade para abaixo. Mentres pon toda a túa intención en que esa vela se convirta nunha ofrenda para Hécate e digna de gardar a súa Chama.

Colle a vela nas túas mans e recita:

 

Gran Deusa Escura das Encrucilladas,

Responde á miña chamada e móstrate ante nós.

Portadora do Lume Divino,

que iluminas co teu facho ardente,

símbolo da sabedoría interna e eterna,

ven a saciar a nosa sede de Luz.

Señora da Escuridade e do Renacemento,

A ti te chamo, nesta noite escura,

para guiarme no camiño da vida.

Chámote oh, gran Hécate,

para adicarte e mostrar o meu amor por ti.

Señora dos misterios,

Nai da noite,

Agradezo a túa compañía e a túa protección.

 

A continuación, acende a vela e déixaa arder durante 24 horas. Acompaña o altar con incenso. Despois de acender a Chama, medita durante uns minutos. Tamén se recomenda que prestes atención aos soños das noites seguintes.

 

Se tes algunha petición, é o momento de anotala no teu papel e deixala na cunca de auga o carón da Chama e ofrecer aquelo que consideres.

 

TRADUCCIÓN SILVIA GONZÁLEZ DÁVILA